Case a metade dos clientes de FL Consultores xa recibiron as subvencións por actividade deportiva do exercicio pasado da Xunta de Galicia.
Debedes saber que a Secretaría non manda os pagamentos todos xuntos, polo que algúns clubs cobran antes que outros. Por iso vos pedimos paciencia para aqueles que aínda non a percibistes.
De todas formas, pregámosvos que en canto teñades constancia do ingreso, nos avisedes a FL Consultores. Se algún considera que están a tardar moito en pagarlles, tamén é importante que o notifiquedes para que poidamos interesarnos na situación do seu expediente. Grazas.