Cobros das subvencións da Deputación de Pontevedra

Algúns dos clientes de FL Consultores xa recibiron as “subvencións a clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2020” da Deputación de Pontevedra.

Debedes saber que a Deputación non manda os pagamentos todos xuntos, polo que algúns clubs cobran antes que outros. Por iso vos pedimos paciencia para aqueles que aínda non a percibistes.

De todas formas, pregámosvos que en canto teñades constancia do ingreso, nos avisedes a FL Consultores. Se algún considera que están a tardar moito en pagarlles, tamén é importante que o notifiquedes para que poidamos interesarnos na situación do seu expediente. Grazas.

Concesión subvencións Deputación 2020

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2020

De conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións e na base 25ª.16, do orzamento provincial para o ano 2020, publícanse as subvencións concedidas e non concedidas polo Servizo de Deportes da Deputación Provincial, para a “Organización de actividades deportivas da provincia de Pontevedra para o ano 2020, aprobadas por Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 4 de decembro de 2019.
Enlace aquí.

Bo Nadal

Bo Nadal

En FL Consultores mantemos dende sempre unha política de responsabilidade social que fomenta as accións en defensa dos colectivos desfavorecidos.

Dende hai anos colaboramos co Banco de Alimentos de Vigo e coa Cruz Vermella, entidades que tiveron unha importancia enorme durante a crise de 2008 e nos anos posteriores.

Este ano 2020 decidimos que non podiamos facer mellor agasallo ós nosos clientes e amigos que felicitarvos ca nosa participación nestes proxectos e coa incorporación de novos beneficiarios.

Ampliamos a nosa colaboración facendo novas achegas mensuais a unha entidade de recoñecido prestixio internacional: Unicef.

Así mesmo este Nadal colaboramos puntualmente cunha cantidade importante do noso presuposto mediante unha doazón ao Estado que ten por obxecto contribuír a facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Saúde e Bo Nadal.

Anuncio de subvencións da Xunta

Anuncio de subvencións da Xunta de Galicia

A Xunta, mediante correos electrónicos, está publicitando nestes primeiros días de decembro de 2020 a próxima convocatoria de subvencións para entidades deportivas de 2021. Sen embargo, eles mesmos informan que non será antes de febreiro (coma mínimo 2 meses) cando publicarán a apertura de solicitudes.

Certo é que na propaganda informan que este ano haberá dúas liñas de actuacións: a de actividade deportiva ordinaria (como é habitual) e unha nova para implantar medidas de prevención Covid-19.

A máis prometen que haberá diversos períodos para xustificar os gastos e as puntuacións para valorar as axudas terán en conta datos previos á pandemia, para non penalizar aos clubs.

No momento de publicar esta nota aínda non hai nada sobre estas axudas na páxina oficial do Deporte Galego. Se precisan máis datos, contacten coa Subdirección Xeral de Plans e Programas no teléfono 881996360.

Cobros das Subvencións do Concello de Vigo 2020


Algúns dos clientes de FL Consultores radicados en Vigo xa recibiron as subvencións por actividade deportiva do Concello.

Todas foron tramitadas antes do venres 6 de novembro, data límite. Pero debedes saber que o Concello non manda os pagamentos todos xuntos, polo que algúns clubs cobran antes que outros. Por iso vos pedimos paciencia para aqueles que aínda non a percibistes.

De todas formas, pregámosvos que en canto teñades constancia do ingreso, nos avisedes a FL Consultores. Se algún considera que están a tardar moito en pagarlles, tamén é importante que o notifiquedes para que poidamos interesarnos na situación do seu expediente. Grazas.

Cobros das Subvencións da Xunta de Galicia 2019-2020

Case a metade dos clientes de FL Consultores xa recibiron as subvencións por actividade deportiva do exercicio pasado da Xunta  de Galicia.

Debedes saber que a Secretaría non manda os pagamentos todos xuntos, polo que algúns clubs cobran antes que outros. Por iso vos pedimos paciencia para aqueles que aínda non a percibistes.

De todas formas, pregámosvos que en canto teñades constancia do ingreso, nos avisedes a FL Consultores. Se algún considera que están a tardar moito en pagarlles, tamén é importante que o notifiquedes para que poidamos interesarnos na situación do seu expediente. Grazas.