A Xunta comeza o pagamento das axudas 2021-2022
Nestes días a Xunta está comezando a facer o pagamento das axudas para o deporte de 2022.
Recibimos comunicación de que a Secretaría Xeral para o Deporte está nestes días procedendo a facer o pagamento das subvencións concedidas da liña PR945C (subvencións a clubs para actividades deportivas).
Supoñemos que algúns dos clientes de FL Consultores xa recibiron estes ingresos e o resto serán os beneficiados en breve. Lembrade que dende FL Consultores procuramos non pasarvos as facturas e os recibos ata despois de que cobredes as axudas, polo que pedímosvos que nos informedes (por signal, telegram ou whatsapp) se xa cobrastes a vosa axuda.
Grazas pola vosa colaboración e confianza.