2021 Deputación de Pontevedra – Subvencións organización campionatos e eventos

2021 Deputación de Pontevedra – Subvencións organización campionatos e eventos

Deputación Provincial de Pontevedra – SUBVENCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN DE CAMPIONATOS, EVENTOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2021.
O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas económicas para a organización de campionatos, eventos ou actividades deportivas no ano 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación deportiva para a promoción e o fomento da actividade física e o deporte na provincia de Pontevedra durante o ano 2021.

Para os efectos destas bases, os campionatos, eventos ou actividades deportivas que teñan lugar na provincia de Pontevedra, clasificaranse:

a) Polo seu carácter: en competicións oficiais e competicións non oficiais
b) Polo seu ámbito territorial: en competicións locais, provinciais, interprovinciais, autonómicas, estatais e internacionais
c) Pola súa organización: en competicións federadas e non federadas

Os eventos deportivos serán aquelas actividades deportivas organizadas á marxe das federacións deportivas e do resto de organizadores de competicións oficiais. Con carácter xeral, teñen esta consideración os acontecementos circunstanciais e illados que sexan organizados con motivo dalgunha práctica deportiva recoñecida.

As actividades, eventos e campionatos deberanse desenvolver no territorio da provincia de Pontevedra.

Máis información aquí.