Archivo de la etiqueta: #Orde

Cambios na Lei do Deporte de Galicia

Cambios na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia

Coa publicación hoxe no DOG da LEI 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 e da LEI 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, incorpóranse cambios e modificacións na Lei 3/2012 do deporte de Galicia.

En concreto os cambios quedan recollidos na Lei 4/2021 no seu Capítulo VIII sobre o Deporte. Os cambios céntranse en temas de regulamentos, controis e auditorías sobre as Federacións deportivas galegas. Tamén cambian cuestións sobre dopaxe e orde pública en eventos deportivos.

Para máis información pódese acceder ó DOG neste enlace.

Cambios para o Deporte Federado – Covid-19

Cambios para o Deporte Federado – Covid-19

Onte martes 19, a Xunta de Galicia publicou un DOG especial onde recolle un novo Decreto e unha nova Orde con medidas máis restritivas para evitar a propagación do virus.

Merece especial importancia para as entidades deportivas a modificación do punto 6, onde indica que “Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.”

Máis datos do Decreto 5/2021 e da Orde, aquí nestes propios enlaces.