Cambios na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia
Coa publicación hoxe no DOG da LEI 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 e da LEI 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, incorpóranse cambios e modificacións na Lei 3/2012 do deporte de Galicia.
En concreto os cambios quedan recollidos na Lei 4/2021 no seu Capítulo VIII sobre o Deporte. Os cambios céntranse en temas de regulamentos, controis e auditorías sobre as Federacións deportivas galegas. Tamén cambian cuestións sobre dopaxe e orde pública en eventos deportivos.
Para máis información pódese acceder ó DOG neste enlace.
ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Ordénase a paralización da actividade deportiva a partir do día 27/01/2021 e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos, quedando a opción da práctica da actividade física e deportiva (incluso a non federada) a realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Establécese o peche de ximnasios e pavillóns deportivos, salvo excepcións.
Para máis información pódese acceder ó DOG neste enlace.
Cambios para o Deporte Federado – Covid-19
Onte martes 19, a Xunta de Galicia publicou un DOG especial onde recolle un novo Decreto e unha nova Orde con medidas máis restritivas para evitar a propagación do virus.
Merece especial importancia para as entidades deportivas a modificación do punto 6, onde indica que “Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, ou colectiva cun máximo de catro persoas, sexan ou non conviventes, excluído o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.”
Máis datos do Decreto 5/2021 e da Orde, aquí nestes propios enlaces.
2020 Taxa IPC negativa – Datos INE
A taxa de variación anual do IPC do mes de decembro 2020 sitúase no –0,5%. Neste enlace pódese descargar a nota de prensa publicada polo Instituto Nacional de Estatística sobre o IPC de 2020 (de decembro a decembro) publicado o día 15 de xaneiro de 2021.
Nota de prensa: enlace IPC 2020 aquí.
Servizos de Consultoría, Asesoría Empresarial e Asesoría de Dirección e Xestión Deportiva